lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz 2013.

Pois nada un ano mais que chega e que mellor entorno para recibir as campanadas e tomar as "uvas da sorte" que desde o reloxo da igrexa da Peregrina. Desde este blog queremos felicitar a toda a xente que nos visitan cada día e moi especialmente aos amigos que fan que esta páxina sexa posible, por suposto tamén aos que humildemente votan unha man económicamente para manter todo esto. Feliz 2013 e que se acabe a crise dunha vez.

Foto: Gentileza do Diario de Pontevedra.

jueves, 27 de diciembre de 2012

Sonatas de Pontevedra.

O Documental completiño que se emitíu na televisión dos meus bos amigos Xabier Fortes e o cámara Manolo Yañez e que fixeran para o centro territorial de televisión española en Pontevedra. Moito hai que agradecerlle a estes dous pontevedreses este tipo de iniciativas nas que nos dan a oportunidade de poder  ver a evolución da nosa cidade a través de imaxes do NO-DO e arquivos de TVE. O video se fixo no ano 2004.


martes, 25 de diciembre de 2012

Nadal na Verdura.

Todo un "pistoleiro", con meus irmáns Rafa e Toño
nas festas de Nadal de 1965.
Unha semana antes das vacacións do Nadal no colexio adornábanse todas as aulas con debuxos que facíamos os alumnos, algúns nos presentábamos voluntarios para ir a recoller o musgo que caseque sempre íamos apañalo á zona de Monteporreiro, ata alí nos levaba o Seat 1.500 branco de Don Manolo, o director da Academia Cervantes, e nos deixaba toda a mañán ata ter enchido as caixas. Facíamos o nacemento que se instalaba nun dos pasillos do centro que estaba na Praza Méndez Núñez e o último día de cole se facía unha grande festa onde podíamos comer de todo, daquela o árbore de Nadal apenas existía. As miñas primeiras festas que eu recordo son as da "Verdura". Todo o día na rúa xogando entorno a fonte de ferro que daquela estaba na parte de enrriba xusto enfrente da que era entón a "Casa das Augas", hoxe oficiña de Turismo do Concello de Pontevedra. Os sábados decenas de postos enchían a vella praza de pedra de postos no seu mercado semanal, ó rematar collíamos as caisas do lixo e facíamos trampas para "pillar" algunha pomba e facernos con algunha das suas plumas para convertirnos en "indios" e asaltar o forte dos vaqueiros que non eran outro que as columnas das casiñas da Praza da Verdura. Eu sempre coa miña cartucheira e pistola que non sei porqué sempre me deixaban os Reis Magos, seguro que mirábanme cara de foraxido.

Foto de familia na Ferrería.
Apenas recordo moito das celebracións en casa, pero o que si sempre quedoume foi o olor a coliflor e bacallao que había en toda a a casa o día de Noiteboa e que aínda seguia na comida do Nadal. A miña casa estaba na Rúa San Sebastián, era un baixo moi humilde e alí vivía xunto aos meus avoos, a miña nai, a miña tía Marisa e os meus irmáns Rafa e Toño. A casa estaba enfrente do famoso "Bar Alejos" e ao lado de Regueira o fontaneiro. Ahí pasamos ata finais da década dos sesenta todas as navidades da miña nenez. Eran unhas festas moi relixiosas acorde coa España en branco e negro que nos tocaba vivir, ainda que os que eramos nenos no nos enterabamos moito. Era "obrigado" ir a misa os Domingos e na nosa parroquia de San Bartolomé a de o día de Reis non faltaba nadie xa que nun dos pasillos da igrexa había unha exposición de xoguetes onde cada rapaz podía coller un. Daquela xa tiñamos televisión, era un Askar, e os Domingos sempre a casa enchíase de tíos e primos para vela. A min que sempre me gustaba o fútbol esperaba os luns para ver o programa "Ayer Domingo" onde emitían todos os goles da xornada e por suposto os do noso "Hai que Roelo" que estaba a causar sensación por todos os campos do estado.

A esquerda, Benita e a súa neta Beni Arán (comendo pipas). A dereita, a avoa de Chón (a nena que está a sonrreir), a miña avoa e Lira a nai de Chon, todos veciños da rúa.
Meu irmán Rafa, todo un vaqueiro, co pastor
alemán de Chón.
Non vivía moita xente na Rúa San Sebastián xa que a maioría das casas eran a parte de atrás das que había na Ferrería e San Román e polo outro lado as de a Praza de Curros Enríquez, onde estaba os almacéns da Ferretería de Varela, Peral ou a librería de Luís Martínez Gendra. Na rúa empedrada estaban o Bar de Papiris e o baixo de uns da Churrería Galiano onde fartábame a comer as patacas fritas que alí facían.
O negocio de os de maior actividade era a Peluquería de Catusa, ao lado da carpintería do seu marido Antonio, que estaban no baixo da casa de Don Carlos Hidalgo Valero que traballara na vella cárcera (creo) de Director. Enfrente de nós estaba a casa da familia Arán onde eu pasábame máis tempo que na miña, recordo moito a avoa Benita que era a xefa da casa dos Arán, Pepe, Cuco, Beni, Chachi, e a nai de todos estes. Tamén estaba o almacén de Juan o do Bar Coral na Peregrina, onde traballaba Diego moitos anos portador da carroza da Peregrina, e que logo se ía a convertir no Coralín. Na casa de o lado vivía Celia cos seus fillos e dous portas antes estaban os da Imprenta "El Pueblo" ainda que a entrada era pola Rúa San Román todolos días "oíamos" o soniquete das másquinas tipográficas do taller.

Celia cos seus fillos, na porta da súa casa, e
xunto a miña Tia Marisa e Chachi Arán.
Veciños de porta eran os Papiris que vivían encima da fontanería de Regueira, onde un dos seus fillos Fernando era compañeiro de xogos e de colexio e tamén estaban a familia de Chon que vivían encima de nós e o seu cachorriño de pastor alemán. Caseque o final da rúa ata a Praza da Verdura vivía Encarna á que me a encontro todos los días xa que e veciña desde fai moitos anos da Moureira.
Na Verdura os meus amigos de sempre, Javier Carballeda o fillo do electricista que traballaba en "Electricidad Romero" e de "La Asturiana" que tiña un posto no mercado; Carlos; Jose Carlos "O Secre" de toda a vida do Pontevedra, Ramón o fillo do cesteiro da praza; os "venezoláns" Nancy Koromoto e o seu irmán, e os seus primos os Simal; Joselito; os fillos de Fidela e Isidoro o dos zapatos e que sempre lle cantábamos aquela estrofa que decía: "Adios muchacho compañero de mi vida/cara podrida, nariz de trapo/tienes la cara más podrida que un zapato/de los que vende Isidoro el más barato..." Todos estos xunto con Jose e a súa irmán Ana eramos os nenos que conformábamos a pandilla e que en tempos de vacacións, de Nadal disfrutábamos xogando na Praza da Verdura. A finais dos sesenta deixamos a casa e nos trasládamos a vivir a unha rúa de apenas coarenta metros chea de terra e pedras, moitas pedras e que se chamaba Monteleón, ahí escomenzou a segunda etapa da miña nenez. FELICES FESTAS.

sábado, 22 de diciembre de 2012

O conto de "Petete".

Grazas o meu bo amigo Ramón Pedras "Petete" podemos disfrutar do conto xa publicado hai tempo e que vai pola segunda edición sobre a vida do pirata pontevedrés nado no histórico barrio mariñeiro da Moureira en 1805, Benito Soto. O libro fai un percorrido sobre a vida e andanzas do último pirata do Atlántico, e que foi o terror dos mares entón, e para que poidan disfrutar os nenos do libriño coloreando cada unha das súas paxínas e coñecer un pouco parte da nosa historia. Que mellor regalo para estas festas que o conto de Petete, claro que tamén podemos adicarnos a buscar nestas vacacións de nadal cos rapaces o tesouro que deixou na cidade antes de partir no que ía ser o seu último viaxe. Din que está soterrado no edificio da Casa das Campás, antigamente o Bar Pitillo, e para moitos que foron nenos nos sesenta, o Colexio de Canducha.


domingo, 16 de diciembre de 2012

Ángel el del Pabellón.

Mª. Jesús, Ángel y su mujer Prudencia.
No tuvo una vida fácil el bueno de Ángel Sánchez, persona trabajadora y que trataba de sacar adelante a sus dos hijos, Julia y Fernando, junto a su mujer Prudencia en aquel galpon detrás de la Capilla de Santiaguiño del Burgo. Entre otras muchas cosas trabajó en los almacenes de ladrillo que había detras de su casa, enfrente del pabellón. hasta que un buen día el que fuera primer administrador del pabellón, el señor Rivas Castiñeira le ofreció ser "sereno" cuidando los "alrededores" en los primerios inicios del polideportivo del Burgo.
Un poco más adelante tuvo la suerte de entrar en plantilla ya como trabajador de mantenimiento y allí se encontró María Jesús, la señora que yo recordaré siempre cuidando del Pabellón de los Deportes de Pontevedra desde si inauguración en 1967 hasta su jubilación en el año 2005, entonces, en 1972, la recuerdo poniendo orden a todos los chavales que nos acércamos a ver el primer campeonato de "fútbito" que se organizaba en las recientes instalaciones del Burgo donde participaban equipos de la ciudad. Me acuerdo muy bien de este campeonato a principios de los setenta ya que uno de los "nuestros", José Manuel Lorenzo hoy famoso productor y director de cine, y miembro del equipo de chavales que teníamos en el barrio, el "Chelsi" lo habían "fichado" los del San  Antoniño para jugar el campeonato. Otro de los equipos participantes eran los rapaces del Colegio de Germán (San José), uno de los primeros centros que usaban el pabellón de deportes como actividades polideportivas.

El Colegio San José, participante del primer Campeonato de Futbito celebrado en el pabellón en 1972. En la imagen: (Con el cartel) Tito Estévez, Toño Vázquez, Joaquin Cuiñas, Juanjo Días, Jorge Olmedo, Currás, Gonzalo Lino y Amador Larriba. Foto: Toño Vázquez.
María Jesús y Mary Santpere en el Pabellón.
Grandes eran aquellos partidos en el pabellón del Teucro los domingos, con todo el aforo a reventar con la, considerada, mejor afición de España, donde al ritmo de la Peña "As Vieiras" los miles y miles de aficionados llevaban en volandas a los jugadores pontevedreses en aquéllos históricos partidos matinales de las 12:30. Para llenó histórico también el día que pisaron Pontevedra por primera vez los Gabi, Fofó y Miliki en 1975 ante un pabellón abarrotado y como en los "prolegómenos" del espectáculo lo amenizaba un tal "Xan das Canicas" en el centro de la pista con aquél juego de las "sillas"  y donde el ganador se había llevado tres mil pesetas. En este mismo año también aterrizaron las cámaras de Televisión Española para grabar el programa "Torneo", que se emitía los sábados, donde uno de los participantes, el Salgueiriños jugaba uno de sus partidos de fútbol-sala como local ante un equipo de Madrid y con el recinto a "reventar" y que acabo, tristemente, con el lanzamiento de vieras a la pista tras la derrota de los chavales de Carlos, muy comentado negativamente en la prensa local. El Pabellón también servía de recinto de espectáculos, donde gente muy famosa pasó por sus pistas, sobre todo en las Fiestas de La Peregrina. En la foto de la izquierda, María Jesús con la "vedette" catalana Mary Santpere en una de sus actuaciones en Pontevedra.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Luisa y Paco los del Hotel Progreso.


Foto: "Estampas Pontevedresas/Hipólito de Sa".
Sobre estas líneas, a la izquierda sentada, Luisa Tiscar y a la derecha (el tercero), su marido Francisco Quinteiro más conocido como "Paco el del Hotel", en la boda de su hija (detrás) Carmucha con el delineante Rafael Ignacio. En la imagen de la izquierda el edificio que albergó el Hotel Progreso (donde está hoy "Springfield") ya vallado previo a su demolición.

La que hoy conocemos como la "milla de oro", la actual Benito Corbal era hace más de cien años la Rúa Progreso. Allí estaba ubicado el hotel que llevaba el nombre de la calle, lo había fundado Doña Benita Eiras al coger en alquiler el edificio donde está hoy  la tienda de "Springfield" y cuya finca llegaba hasta el muro del convento de Santa Clara. Durante algunos años, a principios del Siglo XX Doña Benita llevó en solitario la dirección del hotel, pero por culpa de unos problemas de salud tuvo que mandar venir a uno de sus hijos, Francisco Quinteiro Eiras, emigrado en Argentina y que una vez casado con su mujer Luisa tiscar se harían cargo del negocio de hospedaje hasta finales de los años sesenta que fue cuando cerró definitivamente sus puertas. Francisco, más conocido como "Paco el del Hotel" llevaba la dirección del negocio familiar y su mujer, Luisa, la cocina junto a su ayudante Adelina. Allí también trabajó Diego García contratando camareros externos para las muchas celebraciones que se organizaban en su salón.

Carmucha en la recepción del Hotel.
El matrimonio tuvo tres hijas que nacieron en el mismo hotel, Carmucha, Esther y Luisa Quinteiro Tiscar trabajando para sus padres hasta que el hotel desapareció. El hotel tenía mucha actividad y uno de sus salones restaurante acogió los banquetes de bodas de muchos pontevedreses además de bautizos y comuniones. En los primeros años del siglo XX cuando no había automóviles tenían un contrato con las caballerizas de Calixto (el del Restaurante) donde se hacían cargo de los clientes que llegaban a la Estación del Ferrocarril de Pontevedra en la Plaza de Galicia (Campolongo) para llevarlos hasta la Rúa Progreso (Benito Corbal). Allí convivió durante muchos años en una calle llena de negocios "históricos" como el "Bar Español o Casa Celso", El Restaurante "Calixto", "Epifanio" o la inauguración del Teatro Cine Victoria. En 1926 la Corporación Municipal decidió cambiar el nombre de la calle Progreso por la de Benito Corbal. Abajo, el salón repleto de gente en una de las muchas bodas que se celebraban en el "Progreso", en la otra imagen los camareros cortando una de las tartas en la cocina del Hotel.




jueves, 6 de diciembre de 2012

Enrique Manuel Rodríguez-Volta González de Lopidana

Curro en la vieja redacción del "Diario".
Para todos era y es "Curro Volta". Ya van para nueve años que hace que nos dejó. Le conocí cuando era un rapaz allá  por los años setenta cuando un servidor trabajaba de aprendíz en los talleres tipógráficos de Cortegoso al lado de la Estación del Ferrocarril, allí le veía bajar por aquella rampla de la imprenta para encargar sus "cosas", que si un cartel de La Peregrina, algún catálogo para Celulosas o cualquier cosa que hubiera que imprimir de las muchas "profesiones" que tuvo este buen hombre ya que fué publicista en los años sesenta, fundador de una de las primeras empresas de Publicidad en Pontevedra "Icaro" junto a otro de los grandes de Pontevedra, Tito Ageitos, fué Decorador, Fotógrafo, trabajó en la emisora de Jose Hermida la famosa EAJ40 "Al servicio de la Provincia" e hizo sus pinitos como presentador "Televisión de Pontevedra" allá por los años 90.
Los últimos años, antes de su fallecimiento, trabajó como "redactor" en la vieja redacción de Secundino Esperón del "Diario de Pontevedra" al mando de Pedro Rivas. Era un hombre sano, deportista, le recuerdo zambuyendo aquel inmenso cuerpo lanzándose de cabeza como si fuera Mark Spitz  y haciendo sus largos de natación en las piscinas que los militares tenían en Campolongo. Pero para mi, sobre todo, fue Rey Mago, más de media vida, desde 1963 hasta 1999, "llevando" ilusiones a los niños de Pontevedra. Si va a tener razón el Papa cuando dice que los Reyes Magos no venían de Oriente ya que uno, por lo menos, era de Pontevedra. Todo un PTV, algunos le echamos de menos.

Visita obligada de los "Reyes" era al desaparecido Asilo de Ancianos, Curro, el tercero por la derecha  de los Magos, junto a uno de los pajes, su hijo Pedro "el otro mago".

miércoles, 5 de diciembre de 2012

O Burgo

Imaxen de cando a apisoadora estaban a esfaltar a que é hoxe a rúa de Xoan Manuel Pintos. Ainda non fixeran o pavillón dos deportes e pódese ver na esquina dereita parte da Capela de Santiaguiño do Burgo, o lado désta, moitos anos a Sastrería de Pechecho, o "presi" do Lérez. Na esquerda hoxe en día está a Ferretería de Malecho e o Bar Estadio. Moita historia nesa zona cando o Burgo era o único paso para os centos e centos de xentes para ver o Pontevedra e o Teucro. Moito temos andado os rapaces de entón por esa zona cara o campos de adestramento das xunqueiras onde nos xuntábamos os centos de nenos do Pontevedra, do Lérez, dos Nodales, dos Salgueiriñós do Sporting Barca entre outros, aproveitando a luz para adestrar en aqueles campos cheos de xuncos e cando a marea nos deixaba. Nas fotos baixo estas liñas, a rúa con cincoenta anos de diferencia, na segunda, a dereita, o solar co cruceiro que indica que ali estivo a Capela de Santiaguiño do Burgo.





lunes, 26 de noviembre de 2012

Os rapaces do Mourente.


Eran as ligas locais, na década dos setenta. Non había a cantidade de campos de entreno que hai hoxe en día, daquela nos conformábamos con A Xunqueira e o vello campo da Federación en Marcón, tampouco había luz e moito menos auga quente nos vestiarios, o céspede nin cheiralo, pero eran campionatos familiares, nos coñecíamos todos, e o que ten Pontevedra ao ser pequena, se non nos víamos "xogando" nos encontrábamos despois na Ferreria. O Lérez dos Pechero, o Salgueiriños de Carlos, o Nodales de Chito, o Mourente de Rianxo e Piño que xunto co Marcón e o meu equip,o o Pontevedra, xogábamos partidos caseque de barrio, onde moitas veces "saltaba" a rivalidade. Na imaxen darriba que me cede "Foro" un dos nomes ilustres do fútbol pontevedrés, podemos ver a moita xente coñecida da nosa época no campo de Pasarón, o Mourente que vestía igual que o equipo granate, nunha formación cando se xogaba a Copa Pontevedra alá polo mes de xuño. Por alí andaban no ano 78, de esquerda a dereita: Cipol, Julio, Carballeda, Ovidio, Leandro, Carlos, Piño e Devesa. Acochados: Vilariño, Tino, Rogelio, neme e Josiño. Na foto dabaixo outra formación, esta do ano 1974. (Pola esquerda): Sanjorge, Carballeda, Villamarín, Javi Balchada, Morgan, Quirós e Carlos. Agochados no mesmo orden: Capi, Carliños, Jose, Celso e Vilariño. Moitos recordos nestas dúas fotografías, tan lonxes, tan cerca.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

El malecón de beiramar.

En la actualidad, uno de los paseos más frecuentados por los pontevedreses, conocido popularmente por la "ruta del colesterol", miles de personas pasean (paseamos) por ahí. Una imagen casi bucólica y olvidada de nuestra Pontevedra que había sido marinera y de la que, desgraciadamente, el "progreso" se encargó de arrasar. La zona, el malecón de una de la márgenes del río en la Moureira de Arriba y Campo do Boi, con la Basílica de Santa María en todo lo alto y vigilante del Lérez, escena hoy en día imposible de situar. En la primera imagen, cedida por Antonio Costa, el malecón en la primera mitad del siglo XX y, en la foto de abajo, la misma zona en la última década del siglo XIX. Creo que perdimos con los cambios.




sábado, 10 de noviembre de 2012

200.000 grazas.


Grazas, grazas e douscentos mil grazas, nunca imaxinei que o e que comenzei como un proxecto persoal xa fai dezaoito meses atrás iba a ter todo este torrente de visitas. Comenzei alá polo mes de xullo do 2011 escaneando as vellas fotos que fun gardando a longo de moitos anos, e acompañadas dunha breve descripción das imaxes, en moitos casos pequenas historias da miña nenez  e enfancia, as fun subindo ao blog para asi podelas compartir cos meus amigos que están lonxe, craro que, esto da "interné" e das redes sociais e toda unha aventura e nunca se me pasou pola miña cabeciña que unha cousa tan deiquí fora a ter tanta aceptación. Quero dar as grazas a todas as xentes que desinteresadamente están a colaborar conmigo con súas aportación de fotografías, pero sobre todo destacar a Carlos Fiuza do Cica da Virxe do Camiño, que sempre me está a animar para que non o deixe nunca, a Jose Luis que de vez en cando sorpréndeme con as súas maravillosas fotos, e que todos podemos visitar grazas a exposición permanente sobre Pontevedra que ten no seu negocio, a librería "Follas Verdes" en San Pedro Alcántara, e xa por último a meu bo amigo o fotógrafo Antón Babío sempre disposto a bucear no seu impresionante arquivo fotográfico persoal en busca da foto que eu nunca encontro. Tamén as grazas a Fernando Moldes e o Concello de Pontevedra que con as súas aportacións fan que todo isto siga adiante e podamos seguir disfrutando da "vellapontevedra". Moitas grazas.
Na imaxe darriba unha fotografía de Zagala do Museo  de cando a Pontevedra era mariñeira. A zona, a Moureira Darriba, chegando as Corvaceiras, ao fondo, a esquerda, Mollavao e, a dereita, noutro lado do río, A Puntada, a que fora a zona de baños de moitos pontevedreses durante moitos anos. A imaxen é de 1900.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Benvido a Pontevedra.

Un dos carteis que daba a benvida a Pontevedra e que estaba na ponte da Barca, detrás do panel, a casa de pedra dos Gago onde comenzaba a rúa Echegaray, e a dereita, o "camiño" que era entonces o Paseo de Colón onde xa estaba caseque acabado o edificio dos Pedrosa (os da Ortopedia). No seu baixo estivo durante anos a "Sauna Finland" de moito uso polos xogadores do Pontevedra CF. nos setenta para os seus masaxes. Daquela ainda estaban os dous pontes de ferro sobre a trincheira do ferrocarril que xa non circulaba polo "paseo", que daban paso as rúas Monteleón e Almirante Matos, e que por aquél entonces a vella vía se estaba a convertir nun estercolero.


jueves, 8 de noviembre de 2012

Vista aérea de Pontevedra 1962.

El entorno de la Alameda en 1962 donde ya estaba casi finalizado el Ambulatorio Peregrina y donde puede verse la casa de los Patiño, en la entrada de la Rúa Nova de Arriba y de Abaixo, antes de ser desmantelada piedra a piedra y llevada para Sanxenxo, su lugar lo ocuparía el edificio de funcionarios de la Diputación, famoso por ser durante años el más alto de Pontevedra y con su letrero de la "Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra" en todo lo alto. Al fondo, el viejo puente del Ferrocarril presente entonces y al otro lado del río una desconocida Caeira. Muchas vacaciones nos pasábamos "explorando" ese monte la pandilla de chavales de la Rúa Nova a finales de los sesenta y haciendo cabañas, cada verano una, no fallábamos.


viernes, 2 de noviembre de 2012

El quiosco de Esther.

Esther en el balcón de su casa de la Rúa Nova.
Allí nos juntábamos delante de aquél quiosco que había en la Alameda haciendo cola para ver si salía de una vez el cromo de Johan Cruyf ya que era "pollón", mucho dinero gasté de la paga que me daban los domingos en el quiosco de Esther allá por el 74 cuando la imagen del holandés era la más buscada entre los niños que coleccionábamos el album de la Liga. Cientos de niños "tomábamos" la Alameda en vacaciones, allí los bancos hacían de porterías de fútbol y desde entonces nunca la he visto tan llena de chavales como en aquéllos años, los que vivíamos en las Rúas Novas, de Abaixo y de Arriba, pero sobre todo, los rapaces del edificio de la Diputación, nos pasábamos horas y horas dándole patadas al balón hasta que nos "confiscaba" la pelota o nos echaba fuera el guarda de Las Palmeras, el "Matagusanos", el quiosco de Esther, que estaba enfrente del Bar Carolo y la Pescadería de Urrabieta, en la calle Alameda, era el primer lugar de"abastecimiento" para los que eramos los niños del barrio entonces, que si una o dos de pipas, cinco de chicles Cheiw, algunos regalices o palomitas, no sé como la pobre mujer tenía tanto aguante para los muchos niños que allí la volvíamos loca. Era Esther, vecina nuestra, de la Rúa Nova de Abaixo, vivía en el número uno de la calle. El quiosco comenzó a funcionar allá por 1965 y diez años más tarde se lo tuvo que dejar a unos familiares por problemas de salúd. A finales de los setenta dejó definitivamente el emplazamiento de la Alameda y lo pudimos ver durante muchos años delante del Ambulatorio Virgen Peregrina. Ya hace muchos años que falleció Esther pero gracias a su hija Ana y su sobrino Quico, que me cedieron las fotografías, los que fuimos niños de la Alameda podemos volver a recordarla.

El quiosco como siempre lo recordaré, con los niños haciendo cola para comprar. Delante, los tres sobrinos de Esther, Quico (izquierda), el hermano de éste Miguel (abajo) y Nacho en 1973.

domingo, 28 de octubre de 2012

Carlos Hervés "Chiño".

Un enamorado de la naturaleza, del mar, de la pesca, de sus amigos, pero sobre todo de su barco. Empleado de la antigua Cooperativa de Producción del Diario de Pontevedra, allí trabajaba todos los días en la oficina de los viejos talleres de Secundino Esperón. Los que alguna vez "pisaron" el periódico podían ver a Carlos Hervés, "Chiño" como popularmente se le conocía, en las oficinas junto a Conchita y Ángel Rodríguez. Una letal enfermedad hace ya años que se lo llevó joven, demasiado joven para la mucha vida que aún le quedaba. Los que le conocimos siempre le recordaremos detrás de aquél viejo mostrador con el pitillo siempre pegado en sus labios tachando los anuncios breves del Diario de Pontevedra a primera hora de la mañana.

SD. Campolongo.

Una de las formaciones de la Sociedad Deportiva Campolongo que presidía Joaquín Palmás Urtaza y que fuera fundado allá por el año 74. Recuerdo a los chavales de la popular barriada pontevedresa entrenando en el "nuevo" colegio público de Campolongo y como su equipo de "mayores" jugaba la Liga de Modestos en el histórico campo de la Federación, y como más adelante  al no tener terreno propio se buscaba la vida por los campos de Vilaboa, el Príncipe Felipe o del San Andrés, en Placeres. En la década de los 90 desapareció. En la fotografía, el equipo de infantiles posando en el campo del Estadio de la Juventud de Pontevedra. De pie: Juan Gil, que era el entrenador, Tito Tilve, Jose Coruña, Simón, Manolo Santiago, Niguas, Emilio Ferro y el delegado del equipo entonces. Agachados: Miguel Ferro, Juanciño, Oscarillo, Picolo, Sotil, Chiqui, Vilariño y Julio Santiago.

Más fotos de la SD. Campolongo en este enlace:
http://vellapontevedra.blogspot.com.es/p/sd-campolongo.html


sábado, 20 de octubre de 2012

Os xardíns dos "Heroes".

Agora que nestes días estivo de actualidade a reforma que van a facer nos xardíns que rodean ao monumento dos "Heroes de Pontesampaio" podemos comprobar na imaxe, como estaba a zona no primeiro lustro da década do século XX, nunha fotografía de Francisco Zagala. Nese espazo había unha fonte no centro, que logo ocuparía o monumento, e na entrada da alameda, ainda estaba a orixinal verxa de ferro.


Sobre estas liñas os xardíns na nevada que houbo o 29 de novembro de 1891. Abaixo, imaxen da Alameda a finais do século XIX.





A Ponte do Burgo.

A vella Ponte do Burgo nunha instantánea fotografiada por un dos "cronistas" gráficos mais importantes que tivo a cidade de Pontevedra a finais do século XIX, Francisco Zagala. A imaxe sacada dende a salida da ponte, onde está hoxe a gasoliñeira, e feita no ano 1898. Ao fondo, a esquerda, pódese ver a que fora a antiga Plaza do Pescado e que estaba xunto a comenzo da ponte na Praza de Valentín Escudero. Na imaxe dabaixo unha das primeiras fotos que se coñecen da ponte que data de 1885.




martes, 16 de octubre de 2012

A Pontevedra do 1961.

Unha vista xeral de Pontevedra no ano 1961 no que o tren ainda partía a cidade en dous atravesando o Paseo de Colón cara a ponte de ferro sobre o Lérez e camiño de Santiago, faltarían cinco anos para que entrara en servizo a "Estación Nova" que coñecemos hoxe en día. Rúas como Pardo Bazán nin existían e no campo do Boi había "algo mais" que casiñas mariñeiras. Era a Pontevedra que chegabas ata o Hospital Provincial, onde comenzaba a Eiriña, e xa estabas no extrarradio, o mesmo que se cruzabas o Gafos mais alá da vella estación de Campolongo e eran as aforas. Na alameda pódese ver o antigo cafetín e, nas rúas do lado, moitas casas "nobres" que, desgraciadamente, a piqueta levou por diante dando paso, anos despois, a inmensas moles de cemento. O Ambulatorio nin se construíra.


sábado, 6 de octubre de 2012

Paco o manco.

Paco, toda unha vida de fotografía e que se retirou os 72 anos.
Como cada semán dende hace caseque vinte anos Paco acude a súa cita do sábado con Santiago Moreira o barbeiro de unha das peluquerías mais antigas da cidade na rúa Bastida, o lado do Concello de Pontevedra. Alí cóntame como un fatal accidente trala explosión dunha botella chea de magnesio que usaban os fotógrafos nos anos cuarenta fixo que Paco sufrira a amputación da súa man dereita  e quedara medio inutilizada a esquerda. Poucas expectativas laborais lle esperaban, tras elexir como modo de vida a fotografía, pero a ilusión e a forza de vontade deste home fixeron que dous anos despois do terrible suceso, e xa recuperado, Francisco voltara a traballar coa sua cámara. Este veciño de Tomeza do "clan" dos "Mansos" fixo a mili destinado en Tánger e cando se licenciou no ano 1944 comenzou a traballar como fotográfo de rúa. Tres anos despois montou o seu propio "estudio"  Foto Paco, que non era mais que  o portal número tres da pontevedresa Rúa da Peregrina e xunto a populares establecementos como "Jomafer" ou o que fora  bar de Juan o "Coral" hoxe en día "Cafetería Chipén, ou enfrente dun histórico bar como era o "Pajariño". Alí podíamolo ver sentado detrás do mostrador atendendo os seus clientes. Frecuente era velo o día de Reis pola Ferrería fotografiando a todolos nenos cos seus novos xoguetes ou inmortalizando coa súa cámara a moitas xeracións de pontevedreses o día das Palmas ou nas Festas da Peregrina, ademáis de traballar como corresponsal para a axencia de noticias EFE e tamén para o Faro de Vigo.
Paco o "manco" casou con Carmen a súa muller de toda a vida coa que vive retirado en Salcedo con 91 anos. Tiveron  a cargo un sobrino afillado que se chamaba Pacucho ao que coñecín, e que era un neno alá nos anos sesenta que formaba parte da pandilla de rapaces da Ferrería, alí o recordo cando xogábamos os partidos de fútbol na histórica praza ata que nos botaban fora os populares "bacenillas". Desgraciadamente Pacucho xa fai moitos anos que non está con nos.

martes, 2 de octubre de 2012

El quiosco de Otero.

En 1976 trabajaba en los talleres de "Gráficas Pontevedra", al lado de la que conocíamos como "estación nueva" (la actual). Todos los días cogía el autobus que me llevaba hasta la estación y que salía desde el despacho de billetes que RENFE tenía en Las Palmeras junto a la Cafetería Blanco y Negro. Todos los miércoles y jueves, antes de coger el bus, me acercaba hasta el negocio de prensa y revistas de Sebastían Otero Nieto, o como se le conocía popularmente "Periódicos Otero", y allí vestido siempre con su bata azul y sus guantes me dejaba leer en aquellas frías mañanas otoñales la "crónica" que salía en el Diario de Pontevedra del partido que había jugado el fin de semana en La Junquera. Allí, recién llegado de los talleres que la Cooperativa de Producción tenía en Secundino Esperón, y aún oliendo a tinta, se me iluminaba la cara viendo mi nombre impreso en aquélla inmensa sábana que era el periódico, cuando un servidor con quince años jugaba en la base del Pontevedra CF, ¿qué chavalín ganásteis...?, me preguntaba el bueno de Sebastián siempre. A otros muchos rapaces de entonces les dejaba leer los tebeos sentados en aquellas escaleras que subían hacia el despacho de abogados que había encima del quiosco, y a otras, les dejaba llevar el "Hola" para ojearlo en casa, claro está que sin estropearlo mucho.
Sebastián fue un niño de A Moureira, aunque también vivió en el barrio de A Seca. Trabajó de jóven como hojalatero a las ordenes de Leopoldo Rey y en 1948 se casó con la que fue su mujer de siempre, Matilde González García "Tucha", en Lérez oficiaron el "si, quiero" delante de Don Leandro el párroco del Monasterio, tuvieron dos hijos, Quique y Dori y a finales de la década de los 50 decidieron que tenían que tener su propio negocio, un puesto de venta de prensa y revistas. Allí alquiló un pequeño mostrador, que antes había sido mercería, en un portal del final de la calle Oliva, o inicio, según se mire. Pasó durante bastante tiempo jornadas de muchas horas durante los siete días de la semana hasta que sus hijos se hicieron mayores y pudieron echarle una mano para que el buen hombre por lo menos pudiera ir a comer a casa.
En 1991 se jubilaba con 70 años y traspasó el negocio que había iniciado con mucho esfuerzo en 1959. No hace mucho, un 22 de diciembre de 2006, cuando toda España estaba pendiente de los números que cantaban los niños de San Ildefonso, se nos iba  Sebastián sin hacer mucho ruido. Dos años antes lo había hecho su mujer de toda la vida, Tucha.
Este año que acaba le concedieron el premio "Ciudad de Pontevedra" a Mercedes, la propietaria de otro de los negocios históricos de nuestra ciudad "quiosco Manolo", cuatro portales más allá de donde lo tenía Sebastián, por eso desde aquí este pequeño recuerdo para Otero porque personas como él son las que conforman la historia de nuestra ciudad, la de sus gentes.

El quiosco que Otero regentó durante 32 años en la calle de la Oliva.
Foto: Del libro "Pontevedra, o día que perdemos o mar" de Victor F. Freixanes.

domingo, 23 de septiembre de 2012

As Corbaceiras onte e hoxe.

Dúas imaxes con mais de cen anos de diferencia, a Pontevedra mariñeira reflexada na primeira foto das Corbaceiras, onde o mar case que entraba nas casas dos veciños da vella Moureira, e a mesma imaxe, mais de un século despois, onde ainda se poden ver tres casiñas da foto orixinal de Zagala. Aperos mariñeiros, peiraos, o taller de Pazó e, o fondo, o monte do Taco na desembocadura do Gafos indicaban que Pontevedra tivo presente durante moito tempo o mar. Cos recheos, a ponte e a construcción da carreteira de beiramar, foise perdendo esta identidade, e nos anos 70 as Corbaceiras pasou a ser mais coñecida polos restaurantes que alí había e onde se podía xantar unha chea de marisco. Alí estaban o "Rúa", coñecido patrocinador dun histórico equipo da nosa cidade como era o Nodales, o seu lado "Casa Digna" que aínda segue o pe na actualidade e xa o desaparecido bar do "Rache". Para os que eramos nenos do barrio da Rúa Nova a zona era motivo de moitos partidos de "rivalidade", alí xogábamos a finais dos sesenta e comezos dos setenta na explanada que había diante dos restaurante contra os fillos do que fora gran capitán do Hai que Roelo, Nito e Cholo e toda a rapazada daquela nas Corbaceiras.



A Puntada.

Imaxen da que foi durante moito tempo a zona de baños e "veraneo" dos nosos pais e avos nos anos cincuenta e sesenta, a "Puntada". Moito traballo tivo "Pla" coa sua barquiña cruzando as nosas familias desde o que coñecemos como beiramar ata a que era entón a "praia" de Pontevedra. Na fotografía vemos, ao fondo, como xa estaba construida a carretera, mais coñecida en aqueles anos como "Avenida de Marín", e como a esquerda desta, ainda non estaba a empresa de Celulosas, ao fondo o colexio de Praceres.

sábado, 22 de septiembre de 2012

El edificio de Varela.

Saturnino Varela.
Saturnino Varela oriundo de León, casado y afincado en Pontevedra tenía su negocio en la Plaza de Curros Enrríquez, que inició en 1870, en una de las casas que había antes de que construyeran "Almacenes Olmedo". En 1897, en subasta pública, compró al Concello de Pontevedra el terreno que había dejado el viejo Hospital de San Juan de Dios y del que se conserva la "Capilla de las Ánimas". Ahí, en la explanada, después del derribo del hospital, mandó construir Don Saturnino el edificio que iba a servir como negocio familiar hasta el año 1989. Su hijo Rafael Varela Feijóo se puso al frente cuando su padre falleció y pasó a llamarse la ferretería "Hijo de Saturnino Varela", como aún se puede ver en la "papelería" hoy en día, y donde también trabajaron  los nietos de éste, Rafael, Antonio, Luis y Gonzalo Varela. En el año 89 pasó a manos de Caja Postal donde se reformó y ocupó durante más de un año, después "aterrizó" la sociedad "Casino Mercantil e Industrial" y actualmente en sus bajos está el famoso "Burguer King". Recuerdos de mi niñez serán siempre aquellos escaparates por las navidades de finales de la década de los años sesenta llenos de juguetes que era toda una gozada poder verlos y sobre todo aquellas exposiciones de trenes eléctricos que siempre hacían. La ferretería sigue abierta en la actualidad, pero ahora, enfrente del "Edificio de Varela", como se le conoció siempre, y ocupa uno de los locales de la histórica calle pontevedresa de Don Gonzalo, al lado de donde también estuvieran las oficinas del Pontevedra Club de Fútbol en sus años dorados, y que también había comprado Don Saturnino Varela. Al frente del negocio está en la actualidad el bisnieto del fundador Rafael Varela Pedrosa al que le estoy agradecido por cederme las fotografías.


Arriba, el edificio de Varela tal y como estaba en la década de los 40, en el medio, el local que servía de Almacén y donde está en la actualidad la ferretería, y sobre estas líneas, una imagen de los años 80.






martes, 18 de septiembre de 2012

O Lérez do 58.

Alineación dun dos equipos históricos da nosa cidade, o Lérez. Imaxen dun partido xogado no vello estadio de Pasarón o día 23 de febreiro do 1958 no que se enfrentaba a outro dos equipos mais populares de Pontevedra, o "Nodales", a os que gañaron por 4 goles a 2. A formación que presentóu o equipo lerezano ese día contra os "capitalinos" foi: (De pe e pola esquerda) Galiano, Isidoro, Chanón, Hermida Ferro e Naldo. Agochados; O masaxista (descoñezemos o nome), Madriles, Nine, Marcial, Reinaldo e por último, toda unha sorpresa pa min, o meu tío Pepe, apodado o "Ondas" e que traballaba de barbeiro na peluquería do Burgo na aquel tempo. Grazas a "Foro" por remitirme estas verdadeiras xoias para que as poidamos disfrutar e recordar todos.


Os municipais de Pontevedra.

Recopilatorio de nostálxicas fotografías dos axentes municipais ao longo das últimas décadas. Os populares, no meu tempo, "bacenillas", pola forma do casco que tiña sobre a cabeza a os que podías ver transitando as rúas de Pontevedra ou subidos nas peanas nos cruces de rúas da nosa cidade regulando o pouco tráfico que había entón. Estampa típica era ver os axentes nas Navidades rodeados dos aguinaldos que os pontevedreses lles regalaban. Na páxina da dereita "Municipais" iremos subindo nestes días as mais de 150 imaxes que temos.


lunes, 10 de septiembre de 2012

La Emperatriz de Pontevedra.

Preciosas y maravillosas fotografías de Antonio Costa realizadas hace unos años de la "Emperatriz" de Pontevedra en la Alameda y en el rastro de la Verdura. Hace bastante tiempo solía charlar con ella muy a menudo ya que me la encontraba siempre en los antiguos talleres del Diario de Pontevedra en Secundino Esperón. Me pasé más de alguna tarde haciéndole fotos por el casco viejo para el suplemento dominical de entonces, "Diario del Domingo". Se le podía ver siempre por el mercadillo de los domingos en la Plaza de la Verdura, pero desde hace un tiempo, desapareció de las calles de nuestra ciudad. Una pena que personajes nuestros, de los de siempre, se vayan quedando en el olvido y sólo nos queden, afortunadamente, bellas fotografías de "Penélope" como las de Antonio Costa para volver a recordarla.


Fotografías: Antonio Costa.