viernes, 8 de junio de 2012

Corpus.

A Procesión do Corpus o seu paso xunto o edificio dos Sindicatos na
Praza da Ferrería en 1940.
Unha mágoa ver cómo co paso dos anos unhas das tradicións mais arraigadas da nosa cidade vai perdendo Santos para a procesión, a pesares dos enormes esforzos que fai,  coma sempre, Celestino Peón por atopar ós portadores que leven os pasos gremiais, e que cada ano e máis dificil, sin eles, poder conservar esta tradición secular. A falla de interés é cada ano que pasa máis importante, e xa non é que o Concello se manteña o márxen, senon que a propia cidade e as súas xentes tamén o están a facer. Desgraciadamente, con isto estamos facendo que unhas das tradicións que forma parte de nós morra cada ano que pasa un pouco mais. Moi triste foi presenciar o último ano ainda por riba mesturados cos últimos participantes do Triathlon e por un percorrido nada vistoso xa que as rúas do casco histórico estaban ocupadas polo valado do proba atlética, unha procesión que case que iba á carreira sen apenas paradas nen alfombras florais, e o máis demoledor, que iba con ¡séis santos! dos dezaséis que sempre participaban no Corpus pontevedrés ó longo dos anos, e como eu recordaba cando era neno ó longo da rúa Sarmiento na aquelas procesión multitudinarias e que parecían eternas nos anos sesenta, por alí pasaban San Telmo, o Espíritu Santo, San Roque, Santa Lucía, San Mauro, San Cristóbal, San Xulián, San Miguel, San Antonio Abade, San Sebastián, San Nicolás, Santa Catalina, San Xoán Bautista, A Virxen Blanca, Os Apóstoles e A Santísima Trinidade. 
Esperemos entón, este domingo, que poidamos voltar a presenciar a Nao abrindo o cortello procesional do Corpus pontevedrés como sempre foi, e detrás, a todos os portadores dos pasos gremiais, e sobre todo, poidamos contemplar ós irmásn Urrabieta “bailando” a imaxe polas rúas do vello casco histórico de Pontevedra acompañados polo son que saen das gaitas.

A procesión facendo a parada na vella Praza das Galiñas, hoxe Méndez Núñez a fináis do século XIX onde pódese ver o paso dos Apóstoles dende fai anos recuperado para a Semana Santa de Pontevedra. Foto: Zagala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario