jueves, 28 de febrero de 2013

A Camelia.

Este fin de semán, os días 2 e 3 de marzo celébrase o XLIX Concurso Exposición Internacional da Camelia que se puede visitar no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. A inauguración da exposición ó público terá lugar ás sete da tarde do sábado permanecendo aberta ata as 21:00 h. O domingo, día 3, pódese visitar todo o día ata as 21 horas. No video dabaixo podemos ver o tratamento que fixeron as cámaras de televisión española para o NODO no primeiro ano da década dos setenta da exposición celebrada no Pazo da Deputación e que nesa edición cumpría seis anos.

miércoles, 27 de febrero de 2013

El último pirata era de Pontevedra.

Ahora que parece que está de moda "nuestro" pirata más famoso, el pontevedrés Benito Soto, encontramos un artículo de dos páginas publicado en mayo de 1934 en la revista gráfica madrileña "Estampa", cuyo director era Luis Montiel, donde se ilustra con dos fotografías de principios de siglo del barrio marinero de A Moureira, en una de ellas indican que es la "casa natal" del pirata y en la otra se puede ver a ras de agua una imagen preciosa de lo que era el entorno de la Basílica de Santa María y como el mar llegaba hasta las puertas de las casas de A Moureira de Arriba y el Campo do Boi y cómo aún faltaban unos años para el comienzo de los rellenos que irían desde donde está hoy el colegio "La Aneja" hasta las Corbaceiras. Todo esto gracias al impresionante "fallao" de la casa familiar de Carlos Fiuza el de CICA en la Virgen del Camino que aún no sabe los tesoros que ahí se pueden encontrar. Si es que deberían estar protegidos.

Arriba la portada de la publicación de 1934, abajo el artículo.

sábado, 23 de febrero de 2013

Las "Ruinas" de los setenta.

Viejas postales que sirven para ver la evolución en imágenes de nuestra querida Pontevedra. Hoy en día, con la peatonalización de la ciudad, impensable todo ese entorno lleno de coches y más coches con las Ruinas de Santo Domingo como testigo en los inicios de la década de los años setenta. Esa isleta "rojiblanca"que había en la Plaza de España delante del Ayuntamiento con los automóviles aparcados para hacer alguna gestión en el concello, o coger algún medicamento en la farmacia de Lorente o tabaco en el estanco de Serafina, o si había tiempo y algún "Municipal" te dejaba, cortarse el pelo en la Barbería de Callón. Establecimientos como la Cafetería Lar, el estudio de fotografías de Chao o el quiosco del "Orejas" veían como los coches de entonces aparcaban delante de sus negocios en la entrada adoquinada de la calle Riestra. En el video de abajo un breve documento que realizó el NODO sobre las Ruinas de Santo Domingo con la locución de un histórico de la radio y televisión española, Matías Prats Cañete.




domingo, 17 de febrero de 2013

San Benitiño, 1977.

Un das romerías mais importantes e de mais fervor da nosa vila, a do santo máis milagreiro, o San Benitiño de Lérez. En 1977 as cámaras do NO-DO grabaron o documental que podíase ver nos cines antes da película. A verdade e que son vellos recordos ir a levarlle as velas o santo pola mañan naqueles troles cheos de xente que che deixaban no "empalme" e xa logo pola tarde nos "salóns" do Lérez dabas boa conta das empanadas, as sardiñas e o viño. O video e para disfrutar e ata algún seguro que recoñece a algún amigo ou familiar, claro está que con 36 anos menos.

sábado, 16 de febrero de 2013

Ravachol.

Un ano mais o enterro do loro de Don Perfecto pon fin as festas dos carnavais en Pontevedra, dende fai moito tempo arraigado nas xentes, non so de eiquí, senon de toda Galicia. A participación, cada ano que pasa, é espectacular, por iso dende equí un recordo a todas aquelas xentes da "Discoteca Shiva" que grazas a aqueles "desfiles" de verán que enchian de disfraces as rúas da cidade nos anos oitenta remataron convertíndose no que hoxe conocemos como o Entroido de Pontevedra. Xa van para caseque trinta anos dende o primeiro enterro do Ravachol e unha das persoas que durante moito tempo foi a encarregada, entre outras, da confección do "traxe" do loro era Viviana Araujo e que, de novo, grazas a ela podemos voltar a vista atrás e recordar a historia do Loro Ravachol en imáxenes nesta páxina:  http://pinterest.com/ravachol1985/ravachol-1985-2002/

O primeiro enterro do Ravachol na Ferreira no ano 1985.

sábado, 9 de febrero de 2013

Ismael.

Ismael co seu acordeón disfrutando do Entroido. Foto: Ateneo Santa Cecilia.


ANTÓN ROEL.-  Febreiro, no mes da Candelaria cando casan os paxariños no florecer dos magnolios e o amarelar das mimosas e xa arrecende a entroido nas rúas, de supeto apagouse outra estrela, o entrañabel Ismael Lorenzo González, o popular showman de Marín coñecido como Ismael Artista da bohemia, dos que levan no bico un cantar e a patria no corazón como xilgaros sementadores de soños, compañeiro de John Balan e enesquecibel home orquestra da nosa infancia nos tempos de "Barriga Verde". Ismael foi morrer na Coruña co aloumiño da ría do Orzán, moi lonxe do mar de Marín onde pasou toda a sua vida. Como todos os persoeiros que fan da súa vida un viaxe a ningunha parte acabou nun asilo coa mala sorte que na sua cidade, xa nos tempos en que todo nos sacan, tamen sacáronnos o asilo donde coincidiria cos seus compañeiros de farandula da canteira de artistas de Marín, Xosé o Pataca e John Balan que poido morrer eiqui rodeado de amigos.

       No Fardel da memoria, de supeto, ao ollar unha vella foto de unha páxina de internet nos fai revivir imaxes que tiñamos xa esquecidas de persoeios populares que nun tempo moi dificil axudáronnos a levar millor a nosa infancia, cando xa case nengun está vivo e que xa forman parte de nós e da historia da nosa cidade e con certa tristura no caso de Ismael que tivo que ir morrer lonxe dos seus. Artista singular da bohemia pasou toda a sua vida alegrandonos coa sua guitarra, acordeón, armónica ou a súa voz en verbenas e festas populares ou, sempre que o chamaran, solidario en galas benéficas actuando só ou facendo dúo co seu amigo John Balan, sempre cun sorriso nos beizos.

       Soubemos del nunha homenaxe que o Concello de Pontevedra lle adicou a John Balan, o seu compañeiro de profesión e amigo, en un tempo residentes no asilo da cidade, alí estaba no Principal arroupando ao compañeiro e lembrando actuaciones xuntos como dúo no trole a Marín en festas e troulas etc..., pecha os ollos e como unha película da vida el lembra unha verbena nun palco con luces de cores co arrecendo  a rosquillas enfiadas nun pau de sanguiño o estoupar dos foguetes e o público a aplaudir a rabear a súa actuación..., él é a estrela e que pare o mundo se quere. Ata sempre Ismael, con el foise unha epoca irrepetibel que alegrou a infancia de toda unha xeración de marinenses e pontevedreses, magoa que se extingan os ilusionistas de soños.

domingo, 3 de febrero de 2013

A vella postal da Ferrería.

Nunca me gustaron, nin me gustan, os dous edificios mastodónticos que hay na Ferrería, ainda que sean de pedra, non sei, é unha opinión moi personal pero vendo a vella postal do mercado da praza a finais do século XIX creo que dame a razón. Xa sei que era dificil manter esa liña horizontal de casiñas típicas da época en pos do "progreso" na emblemática e histórica praza na que tanto xoguei  de neno ao pertenecer a rapazada do entorno da Ferrería. E as chimenéas que recórdanme a película "Mary Poppins", a farola cos candis no centro... Encántame. Un que é nostálxico de tempos pasados. Na imaxe dabaixo a zona hoxendía.


sábado, 2 de febrero de 2013

Aeromodelismo no Pazo de Campolongo.

En 1956 celebrábase nas instalacións polideportivas do expoliado Pazo dos Marqueses de Léis o Campionato Nacional de Aeromodelismo. As cámaras do NODO achegábanse ata Pontevedra para grabar o evento e difundilo a través de todalas salas cinematográficas de España. Gracias aos archivos recuperados por RTVE podese ver o histórico Pazo de Campolongo que foi levado para a Casa de Campo de Madrid e convertido hoxe en día nun Restaurante. Algo deberían facer as "forzas" políticas da cidade para volver a recuperar un troziño da nosa historia e que poida voltar a onde nunca debeu sair.

viernes, 1 de febrero de 2013

Hasta siempre Ismael.

Un buen pontevedrés, amigo de la infancia y residente en A Coruña, Miguel Lorenzo, me comunicó la triste noticia, ha fallecido Ismael. Las nuevas generaciones no sabrán quien es, pero era otro de los variopintos personajes de nuestra querida Pontevedra. Muy popular en las actuaciones de nuestras fiestas de "pueblo" junto a otro de los "grandes" John Balán. Estaba ingresado en la Residencia de los Ancianos Desamparados de la ciudad herculina y falleció el pasado jueves de un ataque en ese inmenso corazón que tenía. Fue enterrado ayer viernes con su guitarra de siempre y, en ese cielo pontevedrés, lleno de "gentes" populares, todas las noches brillará una estrella más. Abajo, Ismael "retratado" con su guitarra en un día de Reyes por otro de los personajes importantes de nuestra ciudad, el desaparecido fotógrafo pontevedrés Marloy. Descanse en paz Ismael.