martes, 16 de julio de 2013

"Pontevedra de aquélla".

Hai tres libros aos que lle teño un cariño especial e aos que todolos días nalgun momento bótolle unha ollada, o primeiro ó de Prudencio Landín "De mi viejo carnet", o segundo, o libro de Hipólito de Saa "Estampas pontevedresas" e xa por último o de Rafael Landín Carrasco "Pontevedra de aquélla". É unha auténtica gozada sumerxirse nas vellas páxinas nas que os autores fan un percorrido pola nosa Pontevedra popular e onde veñen á memoria xentes que coñecíu de neno a través dos meus pais o meus avós. No ano 1986, no Pazo Provincial, Rafael Landín ofreceu unha conferencia sobre o seu libro "Pontevedra de aquélla" e grazas á realización e montaxe de Juan Carlos Simón, autor do vídeo, e a familia Landín, na persoa de Mage, podemos volver a revivir todo aquelo.

miércoles, 10 de julio de 2013

O máis milagreiro en 1977.

Un das romerías mais importantes e de mais fervor da nosa vila, a do santo máis milagreiro, a de San Benitiño de Lérez, foi grabada coas cámaras do NO-DO en 1977 nun documental que podíase ver nos ciñes de entón e previo á emisión da película. A verdade e que xa quedan lonxanos aqueles vellos recordos de ir a levarlle as velas o santo pola mañan naqueles troles cheos de xente que che deixaban no "empalme" e xa logo pola tarde nos "salóns" do Lérez dabas boa conta das empanadas, as sardiñas e o viño. O video e para disfrutar e ata algún seguro que recoñece, claro está que con 36 anos menos.

miércoles, 3 de julio de 2013

"De ponte en ponte".

Vale a pena achegarse ata o claustro do Convento de San Francisco situado no entorno da Praza da Ferrería e vela exposición "De ponte en ponte" sobre a historia dos máis de trescentos pontes de Pontevedra. O evento, organizado por los Gabinete de Comunicación do Concello, e no que eu colabouro con algunha foto, estará aberto durante todo o mes de xullo en horarios de mañán e tarde excepto sábados e domingos.

A Ponte orixinal da Barca nunha vista desde Poio. (Postal cedida por Numismática Sarmiento)

(Foto: pontevedraviva.com)