viernes, 24 de julio de 2015

Xa estamos en Santiaguiño.

Os veciños do Burgo co Santo. Foto (www.archicompostela.org)


Como cada víspera do 25 de xullo e desde fai xa moitos anos os veciños do pontevedrés barrio do Burgo ofrecénlle ao seu Patrón, Santiaguiño, os primeros frutos do ano. O santo, que preside a capela que foi trasladada, xa fai tempo, a zona sur do vello estadio de Pasarón, sae en procesión todolos 24 deste mes ata a casa situada na rúa Santiña, no Camiño Portugués, para á ofrenda das uvas e o maiz. Nesta casa se da a extrana circunstancia de que as uvas tintas maduran antes de tempo ainda que os veciños do Burgo o atribuen a que é unha concesión do Santiago Apóstol "que evanxelizando a zona encontróuse cansado e nesta casa lle deron cobixo ata a súa marcha e, en agradecemento, o Santo, fixo a milagre de que os frutos maduraran antes".
A procesión coa imaxe a hombros dos veciños termina coa ofrenda dos racimos de uvas e un pendón de maiz ao pe da talla de Santiaguiño para logo regresar ao seu templo parroquial.


Video: O Santo en Procesión pola rúa Santiña.

3 comentarios:

  1. Bienvenido Valero, te estabamos esperando para recordar aquellos viejos años de nuestra juventud.

    ResponderEliminar