domingo, 12 de marzo de 2017

O novo estanque das Palmeiras

Un servidor coa miña tia Marisa no estanque das Palmeiras
¿Tes unha foto de neno nas Palmeiras...? pois axudemos a Meli Fandiño e ao Concello de Pontevedra na sua exposición que verá á luz no próximo mes de Maio e que datará sobre a inauguración dun renovado estanque dos patiños das Palmeiras. Creo que os da miña xeneración temos todos ou casi todos unha foto feita polos fotógrafos da rúa ou minuteiros entre os anos 50 e 70  ─que é o unico requisito que nos pide a periodista─  cos nosos pais ou irmans diante das raniñas ou coa mona tan famosa que tiñamos naqueles anos no noso parque. Xa o sabedess a bucear nos albumes familiares e si encontrades algunha imaxen facede click nesta dirección www.pontevedra.gal/expo-palmeiras ou si non podedes pois achegala ata a rua Michelena 30 (Concello) na pranta 3ª onde está as oficinas da Alcaldía. Por último o arquivo que enviades via web non debe pesar máis de 11 megas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario